Noticias
Infórmate sobre las noticias de la Real Academia Gallega de Ciencias.
A RAGC amosa o seu fondo pesar polo pasamento do seu académico de honra Federico Mayor Zaragoza
O académico de honra da RAGC Federico Mayor Zaragoza acaba de falecer aos noventa anos de idade. Foi ministro de Educación e Ciencia e director xeral da Unesco. Tamén ocupou o cargo de reitor na Universidad de Granada e a vicepresidencia do Consejo Superior de...
O académico José Manuel Fernández de Labastida, novo director da Agencia Estatal de Investigación
O Consello Reitor da Agencia Estatal de Investigación (AEI), organismo adscrito ao Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades, aprobou o nomeamento de José Manuel Fernández de Labastida como novo director. Fernández de Labastida é catedrático de Física Teórica...
A académica María Loureiro recolle o Premio María Josefa Wonenburger
O pleno da Unidade da Muller e da Ciencia da Xunta da Galicia decidiu outorgar, por unanimidade, o Premio María Josefa Wonenburger á académica da RAGC María Loureiro, catedrática de Fundamentos de Análise Económica da Universidade de Santiago de Compostela. Este...
A mellor investigación realizada en Galicia será recoñecida pola RAGC e a Fundación Barrié
Concederanse tres galardóns, nas áreas das Ciencias Sociais, Básicas e Técnicas, cunha dotación de 5000 euros cada un As entidades asinaron un convenio para a posta en marcha destes premios A Real Academia Galega de Ciencias e a Fundación Barrié asinaron esta mañá un...
A académica María José Alonso ingresa na Academia Nacional de Farmacia y Bioquímica de Arxentina
María José Alonso acaba de ingresar na Academia Nacional de Farmacia e Bioquímica de Arxentina como académica correspondente. A catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da Universidade de Santiago centrou o seu discurso de ingreso en “A nanotecnoloxía...
O académico Senén Barro, galardoado cos premios “Galegos do Ano 2024”
O académico e catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial Senén Barro recibiu o premio “Galego do Ano 2024” de El Correo Gallego, no apartado de Ciencia e Investigación. O xurado distinguiuno “por liderar de maneira incansable a investigación e...
Sete investigadoras mozas das Universidades de Santiago, A Coruña e Vigo, recoñecidas cos premios da RAGC e da UIE
A RAGC e a Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) acaban de resolver a primeira edición dos Premios RAGC-UIE para investigadoras e investigadores xoves. Estes galardóns nacen co obxectivo de impulsar a investigación científica en Galicia, dando recoñecemento...
A exposición sobre o “Matemático Rodríguez” recala en Lalín, a súa vila natal
A mostra “José Rodríguez. O Matemático de Bermés”, centrada na figura do Científico Galego de 2024, pode visitarse estes días na vila natal do homenaxeado, Lalín, logo do seu exitoso paso por Santiago de Compostela. Permanecerá no Concello lalinense ata o vindeiro 28...
O primeiro premio do concurso “A Ciencia en Imaxe” foi para a fotografía dunha camelia mergullada na auga, da investigadora da USC Pilar Vázquez
A Real Academia Galega de Ciencias e as facultades de Bioloxía, Ciencias, Física, Matemáticas e Química da Universidade de Santiago de Compostela (USC) convocaron o XI Concurso “A Ciencia en Imaxe”. Neste certame prémianse fotografías divulgativas de calquera contido...