Juan Manuel Lema Rodicio
Catedrático de Enxeñaría Química da USC
Especialista en biotecnoloxía ambiental aplicada ó tratamento e recuperación de recursos de residuos e augas residuais. Director de 61 teses de doutoramento. É autor de máis de 450 artigos en revistas científicas e capítulos de libros internacionais e titular de vinte patentes, nove delas internacionais. Foi director dos departamentos de enxeñaría química das Universidades Autònoma de Barcelona e Santiago de Compostela; promotor e primeiro director da Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC; promotor e primeiro presidente da CODDIQ; Insignia de ouro da Universidade de Santiago de Compostela. Fellow da International Water Association. Dr. Honoris Causa pola Pontificia Universidad Católica de Valparaíso. Honorary Professor da University of Queensland (Australia). Laurea ad Honorem polo Politécnico de Milano. Dr. Honoris Causa pola Universidade de Valladolid. Recibiu os premios: García-Cabrerizo á innovación, European Prize Q-IQS e Babcock á innovación.