Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Ingreso de José Juan Pazos Arias

29 Xuño, 2016 @ 7:00 p.m. - 9:00 p.m.

O Prof. Pazos é Enxeñeiro de Telecomunicación (1987) pola Universidad Politécnica de Madrid (UPM) e Doutor Enxeñeiro de Telecomunicación (1995) polo Departamento de Enxeñaría de Sistemas Telemáticos da UPM. Desde 2009 ocupa unha praza de Catedrático de Universidade no Departamento de Enxeñaría Telemática da Universidade de Vigo. É fundador e director do Grupo de Servizos para a Sociedade da Información (GSSI), grupo de referencia competitivo da Xunta de Galicia. Participou en numerosos proxectos de investigación de ámbito nacional e internacional relativos ao desenvolvemento de novos servicos e aplicacións para a Sociedade da Información. É autor duns 200 artigos en revistas, capítulos de libros e congresos de relevancia de ámbito internacional. Foi director de numerosas teses de doutoramento e de máis de trinta proxectos de fin de carreira. Foi director do Departamento de Enxeñaría Telemática desde a súa fundación en 2001 ata xullo de 2004. Nos últimos anos, a súa actividade de investigación orientouse cara o desenvolvemento de tecnoloxías transversais, de aplicación en cualquera ámbito e tamén para cualquera formato no que se atope a información. Neste ámbito, conseguiu resultados relevantes nas áreas de personalización, adaptación e recomendación de contidos, baseado en tecnoloxías semánticas.

Detalles

Data:
29 Xuño, 2016
Hora:
7:00 p.m. - 9:00 p.m.
Categoría do Evento:

Recinto

Pazo de San Roque
Rúa de San Roque, 2
Santiago de Compostela, A Coruña 15704 España
+ Google Map
Teléfono:
981 54 02 20
Páxina web:
iegps.csic.es