O presidente da Real Academia Galega de Ciencias, Juan Lema, vén de reunirse coa presidenta da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales de España, Ana María Crespo. As dúas entidades están a explorar posibles vías de cooperación no ámbito da promoción da ciencia.
A RAC é unha institución pública que ten por obxecto fomentar o estudo, a investigación e a difusión social das Ciencias Matemáticas, Físicas, Químicas, Xeolóxicas e Biolóxicas e das súas aplicacións, así como promover o apoio ás mesmas.