- Este evento pasou.
RESERVA DA BIOSFERA DOS ANCARES LUCENSES E MONTES DE CERVANTES, NAVIA E BECERREÁ / CICLO DE CONFERENCIAS DR. D. LUIS ASOREY GARCÍA 2013
18 Novembro, 2013 @ 7:00 p.m. - 27 Novembro, 2013 @ 9:00 p.m.
CICLO DE CONFERENCIAS DR. D. LUIS ASOREY GARCÍA
RESERVA DA BIOSFERA DOS ANCARES LUCENSES E MONTES DE CERVANTES, NAVIA E BECERREÁ
18, 19, 20, 21, 25, 26 e 27 de Novembro de 2013 ás 19,30 h
Como froito dun convenio entre a Excma. Deputación Provincial de Lugo e a Real Academia Galega de Ciencias prográmase un novo curso de conferencias baixo o título: “RESERVA DA BIOSFERA DOS ANCARES LUCENSES E MONTES DE CERVANTES, NAVIA E BECERREÁ”, que se desenvolverá no Salón de Actos da Deputación Provincial Lucense. As conferencias que inclúe este ciclo adéntranse en temas da máis palpitante actualidade e serán impartidas por destacados especialistas. Os alumnos inscritos no curso e que xustifiquen a súa asistencia ao mesmo recibirán un diploma acreditativo, así como a certificación para o recoñecemento de 1 crédito de libre configuración curricular pola Universidade de Santiago de Compostela. A Real Academia Galega de Ciencias acordou dedicar este ciclo de conferencias á memoria do Dr. D. Luís Asorey García, prestixioso médico que desenvolveu a súa actividade profesional durante moitos anos na cidade de Lugo e que foi Académico, Secretario e Vicepresidente da Real Academia Galega de Ciencias.
INSCRICIÓN GRATUÍTA
Matrícula:
A partir do 4 de novembro ata completar aforo.
Entrega de solicitudes:
Rexistro Xeral Excma. Deputación de Lugo. R/ San Marcos, 8
Recoñecemento dun crédito de libre configuración pola USC.
Nº actividade: 2013/94