A académica María Loureiro vén de recoller un dos Premios SERenidade 2025 que outorga Radio Galicia Cadena SER. A emisora recoñece así a magnífica traxectoria profesional da catedrática de Economía da Universidade de Santiago. O xurado puxo de relevo que se trata de “unha das científicas da USC con maior impacto mundial”.

Experta en transición enerxética, o seu nome figura na denominada Lista Stanford, o que indica que está no 2% das máis citadas en todo o mundo. Desde a súa cátedra de Fundamentos de Análise Económica da universidade compostelá avalía o impacto do cambio climático. Un dos seus traballos máis influentes foi a análise económica da catástrofe do Prestige, utilizada pola Fiscalía na reclamación das indemnizacións.

Share This