A Real Academia Galega de Ciencias e o Concello de Santiago colocaron unha placa homenaxe ao “Científico Galego 2024”, o matemático José Rodríguez, no Parque das Ciencias de Santiago de Compostela, onde a RAGC xa ten homenaxeado a outros científicos e científicas ilustres da nosa comunidade. Asistiron a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; o presidente da RAGC, Juan Lema; a primeira tenente de alcalde do Concello de Lalín, Mari Paz Pérez; xunto a outros académicos e representantes do ámbito político, social e cultural. 

Share This