- Este evento pasou.
Presentación do libro “José Rodríguez González (1770-1824). Un matemático sublime”
Outubro 3 @ 12:00 p.m. - 1:00 p.m.
No marco dos actos de homenaxe ao matemático José Rodríguez, “Científico Galego 2024”, a facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago acolle a presentación do libro “José Rodríguez González (1770-1824). Un matemático sublime”. Na publicación, coeditada pola RAGC e o Consello da Cultura Galega, faise un repaso pola traxectoria profesional e vital deste persoeiro ilustre.
No transcurso do evento celebrarase unha mesa redonda na que participarán varios dos autores e autoras da publicación, destinada a valorar o traballo e o impacto de José Rodríguez nas súas diferentes facetas. Estarán os académicos Juan José Nieto e Manuel de León, a historiadora Margarita Barral e o director do Observatorio Astronómico da USC, José Ángel Docobo.