O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o presidente da RAGC, Juan Lema Rodicio, asinaron un convenio de colaboración para sufragar o desenvolvemento do Ciclo Avances, que nesta edición desenvolveuse baixo o título “Fronteiras, desde a orixe do universo ata a exploración espacial”.
A Deputación da Coruña financia o 80% do custo do ciclo. A actividade constou de doce relatorios sobre o coñecemento actual do cosmos, que tiveron lugar ao longo de catro xornadas nas cidades de Santiago de Compostela, Ferrol e A Coruña.
O presidente provincial e o presidente da Academia asinaron o convenio que regula esta colaboración. Nel establécese unha achega de 20.000 euros para o desenvolvemento da acción formativa, que conta cun orzamento total de 25.000 euros.
O ciclo incidiu na física de partículas e a súa vinculación coa cosmoloxía, a visión que proporcionan os novos telescopios Cherenkov, os avances na busca de planetas habitables e o desenvolvemento na exploración espacial que se está a acadar cos telescopios en órbita.
Formoso destacou a aposta da Deputación por apoiar este tipo de propostas, co fin de consolidar a provincia coruñesa como unha referencia no eido do coñecemento e das novas tecnoloxías, una cuestión na que Administración provincial está especialmente implicada a través de diferentes iniciativas.