O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e o delegado provincial Jorge Cubela reuníronse co presidente da RAGC, Juan Lema, e coa súa vicepresidenta, Alicia Estévez, para tender pontes e abrir novas vías de colaboración entre ámbalas dúas entidades.
No transcurso da xuntanza, e coincidindo coas celebracións do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, destacouse a importancia de eliminar estereotipos de xénero nas carreiras STEAM e achegar o importante labor das mulleres na ciencia á sociedade, en especial, aos máis cativos. Nesta liña, a Academia e a RAGC colaborarán un ano máis no desenvolvemento do Ciclo Aida Fernández Ríos, destinado a visibilizar os avances científicos entre o conxunto da poboación e tamén entre as xeracións futuras.