O investigador Xosé R. Bustelo, académico da RAGC, acaba de ser nomeado como novo director científico do Centro de Investigación del Cáncer de Salamanca. Trátase dun centro dependente do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e da Universidad de Salamanca; punteiro na investigación, formación e difusión da cultura científica neste campo.
Bustelo manifesta que aproveitará esta nova etapa para impulsar aínda máis o posicionamento nacional e internacional do CIC. O seu propósito é fortalecer colaboraciónns internas e externas, a conexión coa clínica, reducir o desequilibrio de xénero e catalizar as actividades internacionais e traslacionais do centro, apostando ademais pola atracción de talento.
O Dr. Bustelo é na actualidade Profesor de Investigación do CSIC, coordinador do Programa Científico de Mecanismos del Cáncer do Centro de Investigación Biomédica en Red de Cáncer (CIBERONC) e co-coordinador da rede científica CSIC-Cáncer.