Carlos Diéguez González

Catedrático de Fisioloxía da USC

Carlos Diéguez González doutorouse na facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela (USC) en 1993. Ao longo da súa traxectoria centrou o seu labor investigador no campo da Endocrinoloxía, o Metabolismo e a Nutrición; en particular no control neuroendocrino da secreción da hormona pituitaria, así como no control hipotalámico do equilibrio enerxético e a homeostase metabólica.

Nos últimos 30 anos esta actividade reflectiuse en máis que 500 traballos en revistas internacionais. Boa parte dos mesmo publicáronse en Endocrinology e no Journal of Clinical Endocrinology and Metabolism, ámbalas dúas da Sociedade Americana de Endocrinoloxía. Tamén destacan outras revistas transdisciplinares de alto impacto como Lancet, Nature Medicine, Physiological Reviews, Trends in Neuroscience, Trends in Molecular Medicine, Trends in Biochemical Sciences, Trends in Pharmaceutical Sciences, EMBO Journal, Frontiers in Nueroendocrinology, Cell Metabolism

É un científico altamente citado e é convidado con frecuencia a impartir conferencias en prestixiosos congresos internacionais como World of Endocrinology, European Endocrinology, Neuroendocrinology World, European Neuroendocrinology, European Pharmacology, European Neuropsychopharmacology, World Physiology, European Obesity… Entre os seus recoñecementos, recibiu o Premio de Investigación da Xunta de Galicia en Ciencias da Saúde, Premio Hypocs, Medalla da Sociedad Española de Endocrinología, Premio Novoa Santos e o Premio Geoffrey Harris da Sociedade Europea de Endocrinoloxía. Foi director científico da Red Española de Investigación en Obesidad y Nutrición (CIBEROBN) e do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas -CiMUS- da Universidade de Santiago. Na actualidade é membro do comité científico externo de diferentes institucións de investigación biomédica.