A Real Academia Galega de Ciencias e as facultades de Bioloxía, Ciencias, Física, Matemáticas e Química da Universidade de Santiago de Compostela (USC) convocaron o X Concurso “A Ciencia en Imaxe”. Neste certame prémianse fotografías e carteis divulgativos de calquera contido relacionado coas Ciencias. Diríxese á comunidade universitaria da Universidade de Santiago. Os premios desta edición entregáronse esta na Aula Magna da facultade de Matemáticas durante o acto de celebración da festividade de San Alberte Magno, patrón das facultades de Ciencias.
A gañadora do primeiro premio, dotado con 200 euros, foi Laura Rey Calvo, estudante do Grao en Medicina, pola imaxe titulada ‘Convexidade lumínica’.
O segundo galardón, dotado con 100 euros, recaeu en M. Pilar Vázquez Tato, investigadora e docente da Facultade de Ciencias do Campus de Lugo, pola instantánea ‘Tigre: xantar para leopardos’.