O noso académico Xosé R. García Bustelo acaba de ingresar na Real Academia de Farmacia de Galicia como académico correspondente. Pronunciou o seu discurso co título “O longo camiño cara o achado de fármacos contra as oncoproteínas RAS”.
Bustelo, doutor en Bioloxía, leva máis de dúas décadas traballando no Centro de Investigación del Cáncer de Salamanca, adscrito ao Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) é á Universidad de Salamanca. Na actualidade preside a Federación de Sociedades Españolas de Oncología (FESEO). No período 2019-2020 foi presidente da Asociación Española de Investigación sobre o Cancro.
É un dos científicos máis citados a nivel mundial segundo o ranking de Stanford e ao longo da súa frutífera traxectoria ten recibido múltiples recoñecementos, entre eles o Young Investigator Award for Cancer Research, o Sinsheimer Award, o Carol M. Balwin Breast Cancer Research, o Premio Nacional de Oncoloxía Echevarne, o Pfizer de Investigación Básica, o Severo Ochoa de Investigación Biomédica ou Premio Internacional de Investigación Oncolóxica Científica e Técnica Ramiro Carregal.