A académica da RAGC Marisol Soengas foi elixida “Bióloga do Ano” polo Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, no marco do “Día do Biólogo”. A científica de Agolada recibiu o galardón polo seu traballo na investigación da melanoma mediante a identificación de marcadores ou novos fármacos e o traslado deste coñecemento á práctica clínica.