María Loureiro García
Catedrática de Fundamentos da Análise Económica da USC
Licenciada en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago, doutorouse na Universidade Estatal de Washington. Foi profesora asistente na Universidade Estatal de Colorado, profesora visitante na Universidade Carlos III de Madrid e investigadora sénior no Instituto de Investigación de Economía Agrícola de Noruega. As súas liñas de investigación dentro do Departamento de Fundamentos da Análise Económica da USC están vencelladas á economía da enerxía, economía ambiental e economía agraria.
Foi adxunta ás vicerreitorías de Internacionalización e Investigación da Universidade de Santiago (2016-2018), secretaria da Escola de Doutoramento Internacional da USC (2014-2016) e coordinadora do Programa de Máster de Economía da USC (2012-2014). Desde 2014 é a coordinadora pola USC do programa de Doutoramento Interuniversitario de Análise Económica e Estratexia Empresarial. É a investigadora principal do Grupo de Análise Xurídico-Económica da USC, ademais de membro do Grupo de Innovación Docente do Programa de Formación e Innovación Docente da USC. Foi vicepresidenta da Asociación Europea de Economistas Ambientais e de Recursos, secretaria e tesoureira da Asociación Hispano-Portuguesa de Economía dos Recursos Naturais e Ambientais (AERNA) e é membro da Asociación Estadounidense de Economía Agrícola.