A Biblioteca Intercentros da Universidade de Santiago, no Campus de Lugo, acolleu unha charla sobre Rof Codina, no marco das actividades divulgativas que se están a levar a cabo este ano con motivo do nomeamento do innovador da Veterinaria Juan Rof Codina como “Científico Galego do ano 2022” por parte da RAGC.
A conferencia ofreceuna Diego Conde, doutor en Veterinaria pola Universidade de Santiago e experto en Rof Codina. De seguido, conduciu aos asistentes nunha visita guiada e comentada ao fondo Rof Codina que acubilla a biblioteca. Ámbalas dúas actividades tiveron un enorme éxito, o que amosa o interese social por esta figura tan descoñecida como relevante para o desenvolvemento agrario galego, impulsando a profesión no conxunto de España.