- Este evento pasou.
Ingreso de Fiz Fernández Pérez
7 Setembro, 2021 @ 7:00 p.m. - 9:00 p.m.
O novo académico pronunciará o discurso “A diferencial oceánica”.
Responde o Prof. Dr. D. Antonio Ballester Álvarez-Pardiñas.
Fiz Fernández Pérez é profesor de Investigación do CSIC no Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo. Especialista en Oceanografía Química, ciclo do carbono mariño e acidificación dos océanos. Director de 20 teses doutorais e autor de máis de 200 artigos científicos en revistas Internacionais e capítulos de libros. Investigador Principal de 28 Proxectos de Investigación Nacionais e Europeos. Líder científico en 5 campañas oceanográficas internacionais nos buques Hérsperides e Sarmiento de Gamboa, participando ademais, noutras 27 campañas no marco de programas internacionais WOCE, CLIVAR e actualmente en GOSHIP. Membro do Comité Asesor Científico para a xestión do desastre de PRESTIGE participando en dúas inmersións no batiscafo Nautile. Organizador do “XV Seminario Ibérico de Química Mariña” e coordinador da rede española CLIVAR. Investigador visitante en centros mariños de Inglaterra (Southampton), EEUU (Universidades de Princeton e Columbia, e MBARI-California), e colaboración continuada co IFREMER-Brest. Asesor científico do Global Carbon Project e no cumio da COP-X de UNFCCC en Buenos Aires.