Premios de Divulgación Científica da
REAL ACADEMIA GALEGA DE CIENCIAS
O “Premio RAGC de divulgación científica” pretende recoñecer a traxectoria dunha persoa ou dun programa orientado á difusión ou divulgación da ciencia en Galicia.
As candidaturas serán propostas polas Académicas e Académicos, sendo a Xunta de Goberno da RAGC a responsable da elección. O premio será entregado en acto público e consistirá nun diploma e nunha figura alegórica.
Histórico Premiados
2024
V Premio de Divulgación Científica 2024María Elena Vázquez Abal
Motivación: Recoñécese a súa traxectoria como divulgadora das matemáticas a todos os niveis e en todos os ámbitos, desde as aulas á rúa, desde a xente maior ata a máis pequena, e desde a investigación universitaria ata os centros de Primaria. Organiza exposicións, ciclos de conferencias, obradoiros, concursos fotográficos e audiovisuais, xunto a actividades para alumnado e profesorado de Secundaria. Tamén ten participado e coordinado distintos proxectos de divulgación, ao tempo que participa en publicacións e obras colectivas para achegar as matemáticas á sociedade. |
2023
IV Premio de Divulgación Científica 2023IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela
Motivación: A motivación da concesión foi recoñecer o proxecto educativo do instituto no fomento da cultura científica e tecnolóxica. O Instituto Rosalía de Castro ten como obxectivo que o seu alumnado cultive a curiosidade e desenvolva habilidades para a indagación e a investigación. Deste xeito, senta as bases dunha cultura científica entre o estudantado da ESO, Bacharelato, STEAMbach, ciclos de FP e ESA, que lles permite acceder de xeito máis doado á investigación na universidade. |
2022
III Premio de Divulgación Científica 2022Manuel Luis Casalderrey GarcíaMotivación: A motivación da concesión foi recoñecer a súa ampla e frutífera traxectoria persoal no eido da divulgación científica en Galicia, particularmente a publicación regular desde o ano 1989 no xornal “La Voz de Galicia” de artigos de divulgación científica sobre temas de candente actualidade e ámbito moi diverso. |
2021
II Premio de Divulgación Científica 2021Ramón Núñez CentellaMotivación: A motivación da concesión foi recoñecer a súa “ampla e frutífera” traxectoria no eido da divulgación científica en Galicia, e en particular, o seu traballo pioneiro na creación de museos de carácter científico na comunidade galega e noutras rexións de España “o que o converten nunha figura senlleira da divulgación da ciencia, merecedor do premio”. |