Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

XXXII ciclo Luis Asorey: “Dixitalización do sector agrario en Galicia

14 Novembro, 2021 - 21 Novembro, 2021

Cartel Ciclo Luis Asorey 2021

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Lugo, coa colaboración do Campus Terra da Universidade de Santiago (USC), organizan o XXXII ciclo Luis Asorey, centrado na edición de 2021 na “Dixitalización do sector agrario en Galicia”, con conferencias para abordar as estratexias autonómica, nacional e europea e as referentes á modernización tecnolóxica dos subsectores agrícola, gandeiro e forestal, e do rural en xeral, a través de fórmulas como as “Smart farmings” ou as aldeas intelixentes.

O ciclo, coordinado polo doutor enxeñeiro de Montes, catedrático da USC, novo presidente da Asociación Forestal de Galicia (AFG) e membro numerario da RAGC, Antonio Rigueiro, foi gratuíto e desenvolveuse do 15 ao 24 de novembro en formato mixto: presencial, no salón de actos da Deputación de Lugo (rúa San Marcos, 8), e telematicamente a través da canle de Youtube da RAGC, en horario de 19:00 a 21:00 horas. O ciclo está recoñecido pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia como actividade de formación do profesorado non universitario.

Detalles

Comezo:
14 Novembro, 2021
Remate:
21 Novembro, 2021
Categoría do Evento:

Recinto

CiQUS – USC
C/ Jenaro de la Fuente s/n | Campus Vida
Santiago de Compostela, A Coruña 15782 España
+ Google Map
Páxina web:
https://www.usc.es/ciqus/es