
Últimas Novas +
O enxeñeiro Jesús Doval, catedrático de Tecnoloxía Electrónica da UVigo, ingresa na RAGC
Destaca que na actualidade a electrónica de potencia é unha tecnoloxía clave na conversión de enerxía eléctrica Salienta que ten un rango de aplicación moi amplo, sobre todo no transporte e na industria, de cara a conseguir procesos máis eficientes e respectuosos co...
O académico José Luis Mascareñas ingresa na Real Academia de Ciencias
O académico da RAGC José Luis Mascareñas, catedrático da Universidade de Santiago e investigador principal do Centro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS), ingresa na Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales (RAC) como...
O académico Manuel Freire imparte unha conferencia sobre o químico Fernando Calvet en “Os Luns do Ateneo”
A RAGC elixiu ao químico Fernando Calvet i Prats (Vilafranca del Penedès, Barcelona, 1903 - Barcelona, 1988) como “Científico Galego de 2025”. Para dar a coñecer a súa figura e as súas contribucións ao conxunto da sociedade, vanse celebrar unha serie de actividades ao...
Unha exposición no Parlamento Europeo pon o broche ás celebracións do “Matemático Rodríguez” como Científico Galego de 2024
O Parlamento Europeo foi escenario do evento que serve de clausura os actos de homenaxe ao matemático José Rodríguez (Bermes, Lalín, 1770 – Santiago de Compostela, 1824), elixido “Científico Galego do Ano 2024” pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC). Desde onte...
A RAGC e a Xunta convocan os Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia (prazo: 30 abril)
A Real Academia Galega de Ciencias, en colaboración coa Axencia Galega de Innovación, convoca os Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2025. O obxectivo destes galardóns é recoñecer casos de éxito de transferencia de coñecemento na comunidade e difundilos á...
A Casa de Galicia en Madrid celebra unha conferencia do catedrático da USC Francisco Díaz-Fierros sobre o “Matemático Rodríguez”
A Casa de Galicia en Madrid súmase aos actos de homenaxe da Real Academia Galega de Ciencias ao “Matemático Rodríguez”, nomeado Científico Galego de 2024 pola RAGC. Acolleu a conferencia "José Rodríguez González. Un alento renovador da ciencia galega", que impartiu o...

Día da Ciencia en Galicia
No contexto da promoción social do coñecemento, obxectivo xeral desta Real Academia, creuse que sería moi conveniente presentar á sociedade galega a vida e obra daqueles galegos ilustres que destacaron pola súa contribución ao desenvolvemento da ciencia e aos non galegos que realizaron en Galicia importantes contribucións no ámbito científico-técnico.
Por iso, a Real Academia Galega de Ciencias, en sesión plenaria celebrada o 6 de xullo de 2006, acordou instituír o Día do Científico Galego. Cada ano, a Academia acordará en sesión plenaria a designación dun personaxe que, reunindo algunha das condicións anteriores, será proclamado Científico Galego do ano. O acordo establece tamén que, aínda que a designación é para todo o ano, renderáselle unha homenaxe pública nun acto solemne.