Últimas Novas +

O académico Juan José Nieto Roig, novo presidente da ACSUG

O académico Juan José Nieto Roig, novo presidente da ACSUG

O académico da RAGC Juan José Nieto Roig acaba de ser nomeado novo presidente da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (Acsug), en substitución de María Patrocinio Morrondo, que exercía o cargo desde o ano 2009. Juan José Nieto ingresou na RAGC...

O economista Antón Costas ingresa na RAGC destacando a necesidade de crear “un nuevo contrato social focalizado en devolver dignidad y reconocimiento al trabajo y en la creación de buenos empleos”

O economista Antón Costas ingresa na RAGC destacando a necesidade de crear “un nuevo contrato social focalizado en devolver dignidad y reconocimiento al trabajo y en la creación de buenos empleos”

O actual presidente do Consejo Económico y Social de España salienta que se trata de “fomentar el dinamismo económico a la vez que una sociedad justa” A RAGC celebrou no compostelán Pazo de San Roque o acto de ingreso de Antón Costas Comesaña (Vigo, 1949), actual...

Día da Ciencia en Galicia

No contexto da promoción social do coñecemento, obxectivo xeral desta Real Academia, creuse que sería moi conveniente presentar á sociedade galega a vida e obra daqueles galegos ilustres que destacaron pola súa contribución ao desenvolvemento da ciencia e aos non galegos que realizaron en Galicia importantes contribucións no ámbito científico-técnico.

Por iso, a Real Academia Galega de Ciencias, en sesión plenaria celebrada o 6 de xullo de 2006, acordou  instituír o Día do Científico Galego. Cada ano, a Academia acordará en sesión plenaria a designación dun personaxe que, reunindo algunha das condicións anteriores, será proclamado Científico Galego do ano. O acordo establece tamén que, aínda que a designación é para todo o ano, renderáselle unha homenaxe pública nun acto solemne.

Anuario da Real Academia Galega de Ciencias

Anuario da Real Academia Galega de Ciencias, revista anual cuxo obxectivo é difundir dende dentro noticias relacionadas coa institución, os académicos e a ciencia e a tecnoloxía galegas.

PDF